Noticias
Proxectos Europeos
Co obxectivo de dar unha visión plural das posibilidades que ofrece Galicia, IBERCAMPUS.ES en colaboración con INORDE, celebrou durante os días 16 e 17 de abril no Mosteiro de San Clodio, Leiro, as xornadas “Galicia ante o futuro” onde se reuniron un grupo de empresarios ourensáns e unha trintena de xornalistas de ámbito nacional.
Dirixidas por D.Graciano Palomo (editor de IBERCAMPUS.ES) as xornadas foron inauguradas polo Presidente da Deputación Provincial de Ourense D. José Luis Baltar Pumar e polo Presidente do INORDE, D. José Manuel Freire Couto.
"GALICIA é unha das comunidades claves dentro do desenvolvemento económico de España e un dos territorios que dispón de máis capacidades de futuro. Trátase de achegar a súa realidade – en ocasións moi descoñecida - ó resto de España e a Europa mediante a posta a disposición dos “creadores de opinión” e informadores dos vectores que desenvolve.
Por esto, proponse a posta en marcha dos ENCONTROS EN GALICIA de xeito anual e rotativo nos seus diferentes territorios, comezando no 2010, precisamente iniciando co XACOBEO, na provincia de Ourense e continuando nos próximos anos en Lugo, Pontevedra e A Coruña.
Trátse dunha das técnicas máis efectivas á hora de “ventear” as potencialidades e o coñecemento dunha terra ó mesmo tempo maravillosa e emprendedora descoñecida por moitos dos seus concidadáns."
Axenda Setembro
Tlf: 988 391 085
Fax: 988 391 962
32003 - Ourense
E-mail: inorde@inorde.com



















