Un país unha oportunidade

  
  
 


                                           






  O INORDE, dentro do seu Programa de Cooperación, accede ós países da am­pliación europea co proxecto Un país, Unha oportunidade. Baseamos a nosa estratexia nos seguintes indicativos:

 

100 millóns__________________de Consumidores potenciais
Arredor do 7%________________ Taxa de paro
En torno ao 1,5%_____________ Dotación de Fondos UE 2007-2013

 

A situación estratéxica de Bulgaria, Estonia e Lituania que poden ser a porta a outros mercados como Rusia, Turquía ou Oriente Medio; a ubicación de Letonia no centro da rexión báltica e o acceso a corredores de transporte son factores que facilitan o desenvolvemento de centros de distribución de carga ó norte de Europa e os mer­cados das antigas repúblicas soviéticas; e Eslovaquia que sería a ligazón directa con Austria, Alemania e Ucrania. Hungría é o segundo país de Europa -tras Islandia- en número de fontes termais; ademáis de que a súa capital, Budapest, foi elexida en xuño de 2008 como sede do Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía (IEIT), un proxec­to da Comisión Europea creado para fomenta-la excelencia en materia de investi­gación e innovación. A República Checa está considerada como un dos países máis desenvolvidos dos novos países da ampliación, de feito é un dos que máis gasto destina ó I+D en Europa. Polonia é o país que recibirá máis fondos para os seus proxectos de desenvolvemento e destaca polo feito de organizar a Eurocopa de Fútbol 2012, o que xera unhas enormes oportunidades de negocio na construción de estradas, vías de ferrocarril, infraestruturas de deporte e outros sectores relacionados.

En todos estes países, o INORDE conta cun punto de contacto e socio, que servirá de ligazón ós empresarios que nun futuro se decidan a exportar a eses países:

  • En Romanía, que foi o primeiro país que visitou a nosa provincia, conta­mos con Mihaela Goj, experta en desenvolvemento de negocios da Axencia de Desenvolvemento Rexional de Bucarest-Ilfov (ADRBI).
  • En Bulgaria, Mariana Petrova, xerente de proxectos internacionais do Cen­tro Europeo de Xestión de Proxectos da capital búlgara, Sofía.
  • En Hungría, Mate Zsolnai, do Grupo Fatimex e experto do parlamento hún­garo.
  • En República Checa, Jiri Kocanek, enxeñeiro e xerente do grupo Promaco.
  • En Eslovaquia, o Dr. Štefan Vratny do Centro de Innovación e Negocio de Bratislava.
  • Na Área metropolitana de Budapest, Andrea Somogyi, directora da oficina de asuntos europeos da cidade de Budapest.
  • En Polonia, contamos co noso socio en proxectos europeos, PART, Axen­cia Polaca de Turismo.
  • En Letonia, o noso socio é a Asociación de Industrias da Enxeñería de Lituania (LINPRA)
  • En Lituania,  e Estonia, peche de misión en xullo.

     Este proxecto estrutúrase en dúas fases, a primeira delas será unha misión de aproximación na que 6 ou 7 expertos seleccionados polos nosos contactos neses países, manterán un primeiro Encontro Bilateral en Ourense, para logo coñecer como é o noso tecido empresarial: Parque Tecnolóxico de Galicia, Polígonos empre­sariais e demáis demandas doutros puntos da provincia.

Nunha segunda fase, estas ligazóns buscan as posibilidades nos seus países coñe­cendo as potencialidades das empresas ourensanas, o que se materializará nunha misión empresarial a finais de 2009 principios de 2010.

 

                                       Os sectores representados:

  1. Tecnoloxía e renovables 
  2. Transporte e loxística
  3. Industrial e empresarial
  4. Medioambiente
  5. Agroalimentación
  6. Servizos termais / sociais
  7. Xestión de servizos sanitarios
  8. Turismo
  9. Infraestruturas e obra pública



    




Axenda  Maio

L
M
Me
J
V
S
D
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Business to nature
Business to nature
Camiños dos sabores de galicia
Carrileiros
Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico Rúa do Progreso, 28
Tlf: 988 391 085
Fax: 988 391 962
32003 - Ourense
E-mail: inorde@inorde.com
INORDE
Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico