![]()
|
SITUACIÓN Maceda conta con 3.690 habitantes distribuídos en 54 núcleos de poboación que ocupan 102 km cadrados. A capitalidade do concello está en Maceda. Pertence o Alto Arnoia, dende o val de Xunqueira de Espadañedo ata as vertentes da Serra de San Mamede, aínda que tamén podemos situala na Alta Limia, da que é a súa historia. Partindo de Ourense pola antiga estrada de Ponferrada N-120, todo seguido ata o Alto do Couso, dende alí collemo-la estrada que nos leva ata Maceda.
|
|
HISTORIA E ARTE O ano 138 d. de C. marca a entrada das lexións romanas, comandadas por un famoso militar, Decio Junio Bruto. Para o que se traza unha calzada dende Braga (Portugal) ata Astorga, denominada vía XVIII Antonino o Caracalla. Unha sucesión de estacións termais ó longo desta vía, marcan perfectamente o trazo da mesma: Lobios, Bande e Baños de Molgas. No Concello de Maceda son tres lugares as testemuñas do paso desta vía: Foncuberta, Tioira e o Alto do Rodicio. A familia de San Rosendo de Celanova aparece no século X como rexente das terras de Maceda, que por aquel entón era unha casa na ribeira de río Sor, denominada " Casale de matianeta"; este nome derivaría logo en Manzaneda da Limia, e Hoxe en Maceda. Logo no século XIII o señor de Ambía Paio Arias mantivo un constante tira e afrouxa por estas posesións da bisbarra de Maceda alegando anteriores doazóns dos seus antepasados ós mosteiros veciños. Polo que Juan Alias o Ares de Novoa da referida casa de Ambía aparece casado con María Fernández, filla da condesa Teresa de Portugal e do Conde Fernández Pérez de Portugal e do Conde Fernando Pérez de Traba. Desta maneira queda consolidada a hexemonía dos Novoa das terras de Maceda e do castelo. |
![]()
|
|
MONUMENTOS E MUSEOS IGREXAS Sta. María, en Asadur Sta. Eulalia, en Escuadro CRUCEIROS De Tioira S. Pedro, en Maceda S. Xoán de Vilardecás Santiago, en Zorelle De Maceda CAPELAS Ermida de Donfranque Sta. Ana, en Amedo PETOS DE ANIMAS De Maceda De Foncubergta |
![]() |
![]() |
PAZOS: Casasoa Vilardecás GRANDES CASAS Casa natal de D. Pedro de Cuenca. ( Sr. De soga e coitelos, inquisidor) Casa natal do Cardeal Quiroga Palacios. Rúa Cardeal Quiroga Palacis - Maceda. CANASTROS En Zorelle, Vilarellos, Piuca, Souto, tioira, Parada, Francos e Bustavalle.
|
|
CASTELO A historia de Maceda xira ó redor do seu
castelo que foi da vila feudal, e que aínda hoxe conserva
restos dun pasado esplendoroso. A fortaleza xunto coas terras anexas
foi recibida en dote por María Fernández, filla do
segundo matrimonio de Doña Teresa de Portugal e o conde
Fernando Pérez de Traba ó casar co Sr. D. Juan Ares
Novoa, orixinarios de Ribadavia e que segue ata o século
XVI. |
![]()
|
![]() |
ARTESANIA E GASTRONOMIA A tradición de traballar a arxila mantense aínda en Maceda dando lugar a verdadeiros artesáns de ornamentación, o que antano foi a fabricación de utensilios de uso doméstico. Tradicionalmente facíanse as "olas" para a medida do viño e "pucheiros" para maza-lo leite, cuncas, xerros, "barreñas", etc.
|
| Outro dos oficios artesáns de verdadeira popularidade en Maceda é o artesán de coiro que aínda segue vivo en pequenos talleres da vila. | |
![]()
|
FESTAS E FEIRAS A feira tivo o seu orixe nun privilexio real de 1.401 que autorizou a súa celebración. Actualmente, son os días 4 e 20 de cada mes, sendo a actividade principal a venda en postos ambulantes, polbeiras e exposición para a venda de gando. Entre as festas destacadas: Romaría de San Pedro (xuño); O magosto ( 11 de novembro), Feira de Gando (20 de xullo), Festa Medieval ( 1º fin de semana de agosto), Festas das Neves (primeiros de agosto), Feira da Caza ( a partir do 14 de agosto), Noites Folk no Castelo ( 14 de agosto).
|
|
Os Carnavales "Os Felos": os "Felos" percorren as rúas cun estrepitoso son das "choscas", disfrazando por uns días a personalidade detrás de voluminosas máscaras labradas en madeira. Estes personaxes segundo comentan algúns historiadores baixaban da Serra de San Mamede para parodiar e satiriza-lo Señor Feudal polos seus impostos abusivos, ou ben saían do castelo para cobrar eles directamente. Os traxes de Felo póñeno sempre os solteiros aínda que a veces permítase levalo a algún casado no plan de diversión. Non se permite que o leven mulleres, xa que a máscara representaba a virilidade mais exacerbada. ACTIVIDADES Maceda conta cunha Escola de Equitación Municipal e a posibilidade de realizar diversas rutas de sendeirismo. |
|
![]() |
TELÉFONOS:
CONCELLO 988 46.30.01 OFICINA DE TURISMO 988 46.37.61
|
|
| |