Restos do Castelo

SITUACIÓN

A Peroxa, con 55, 4 quilómetros cadrados de extensión, é outro dos concellos ourensáns escasamente coñecidos. Está situado na zona periférica da Comarca de Ourense, a só 15 quilómetros da capital provincial, polo que a súa influencia faise notar, principalmente na construcción da vivendas secundarias.

O concello está dividido en doce parroquias: Armental, San Cibrao de Armental, Beacán, Carracedo, Celaguantes, Graíces, Gueral, Mirallos, Os Peares, San Xés da Peroxa, A Peroxa (capital do concello), O Souto, Toubes e Vilarrubín.

Ó concello pódese chegar dende Gustei, desviándose da N-525 de Ourense a Santiago, ou ben dende o mesmo Ourense en dirección a Oira, seguindo a marxe dereita do río Miño e entrado na Peroxa por Barra de Miño. A elección desta segunda opción permitirá ó viaxeiro desfrutar da magnífica beleza paisaxística das ribeiras do Miño, dende as proximidades de Ourense ata Os Peares.

 

DESCRICIÓN XEOGRÁFICA

O relevo do concello presenta unha morfoloxía claramente estructurada en tres unidades: un sector de baixa montaña, comprendido entre os 600 e os 800 metros de altitude, que se estende polas parroquias de O Souto, Mirallos, Toubes, Armental e parte de Celaguantes. Aiquí, a topografía é bastante accidentada, formada por numerosas lombas desgastadas pola erosión.

A medida que descendemos en altitude, entre os 400 e os 600 metros, atopámonos coa segunda metade. Esta, que colle as parroquias de Gueral, Vilarrubín e A Peroxa, aparece configurada por superficies de aplanamento, coñecidas como "Os Chaos".

Por último, a terceira unidade xeográfica está formada polas terras de val que se dispón xunto ós ríos Barra e Miño, os dous principais cursos fluviais que, xunto co Búbal e o arroio de Lentomil, drenan o termo municipal.

O clima oceánico con matices meridionais, propicia unha vexetación variada, aínda que predominan as especies arbóreas típicas (pino, carballo, castaño e amieiros nos vales), mentres que a maior parte dos montes só teñen mato.

  

HISTORIA

A presencia no concello de antigos poboadores, maniféstase a través da existencia de restos de castros e de algúns vestixios arqueolóxicos que testemuñan a presencia de asentamentos paleolíticos. Máis tarde, a construcción da vía romana "Aquas Flavias-Lucus", que pasaba polas proximidades do concello, posibilitou a formación de novos núcleos de poboación.

Durante o medievo, foi significativa a presencia do Conde de Ribadavia, que chegou a domina-la maior parte das parroquias que integran o concello. Tamén foi importante o señorío exercido nestas terras polo Bispado de Ourense, que administrou Vilarrubín e Toubes, mentres que a parroquia de San Cibrao de Armental perteneceu ó señorío de don Pedro Losada e a de Beacán ó mosteiro benedictino de San Estevo de Ribas de Sil.

A excesiva cargas fiscal a que estaban sometidos os campesiños da zona, provocou, sobre todo nas parroquias de Graices e O Souto, a creación de potentes organizacións agrarias de carácter revolucionario (agrarismo), que tiñan como finalidade suprimi-lo sistema foral e combati-lo abuso dos señoríos, que mantiveron os seus privilexios a través do cobro de cuantiosas redas en especie, ata finais do ano 1920.

 

 
 
 
  Castelo

 

Vilarrubín

 CULTURA, MONUMENTOS E TURISMO

Da época medieval consérvanse na Peroxa, as ruínas dun castelo que primeiro pertenceu a un antigo gobernador local e máis tarde pasou a ser propiedade do Conde de Ribadavia. Está situado moi preto do núcleo da Peroxa, nun dos máis fermosos panoramas da provincia de Ourense e foi durante séculos cabeza de xurisdicción e capital do estado de Temes.

Este castelo - fortaleza que sufriu centos de avatares nos seus mil longos anos de historia foi destruído no século XX para a construcción da igrexa da Peroxa. Hoxe en día está en vía de reconstrucción esta edificación que soportou a Guerra dos Irmandiños e máis tarde os exércitos da Santa Hermandade.

A situación deste castelo é moi curiosa, xa que está asentado sobre un castro, no que se asentaron os nosos primeiros poboadores. Durante a dominación romana chegaron numerosas familias á península instalándose en lugares privilexiados e como non era menos tamén na Peroxa.

Foi a familia Temes a que se asentou aquí e foron eles quenes ordearon a construcción do castelo para facelo praza forte das súas terras que abarcaba unha extensión chegando ata Sarria, Chantada, Vilamarín, etc, logrando que o castelo fose capital do condado, lugar de adminsitración e centro de defensa. Non se pode datar con exactitude a construcción do castelo, créese que foi no ano 793 durante o reinado de Alfonso II, o que sabemos por escritos da época é que unha das razóns que deu lugar a construcción do castelo, foron as continuas incursións dos musulmáns en Galicia; esto provocou que se poboara de fortalezas e a familia Temes non foi unha excepción.

Un dos asedios máis crueis foi o cometido por Abd al-Karim que logrou o propósito e tomou o castelo. Conta a lenda que como o castelo tiña un pasadizo segredo e por el saían os mouros a busca de xente ó val e levábana. Os cristiáns contaron co apoio do Apóstolo Santiago, o que voou co seu cabalo dende o monte que hai enfronte onde deixou as pegadas da súa ferradura sobre unha penas (miradoiro dos cabaleiros) destruíndo do castelo.

No século XIII o castelo da Peroxa pasa a ser lugar de estancia do Adelantado Maior de Galicia, ata esas datas estivera en mans dos amos das terras, a familia Temes. Un dos adiantados foi Pedro Ruíz Samiento en 1370, xa que foi outorgado polo Rei Enrique II, comezando aquí a dinastía do Sarmiento.

Estes traían como escudo de armas sobre Campo de Ouro trece Roeles Bermellos, que hoxe figuran na igrexa da parroquia de Graices, encima do retablo maior. E trece reoles bermellos son os que ten o escudo actual do Concello da Peroxa.

Logo da desamortización, durante algún tempo estivo no castelo a Casa do Concello, e ó redor del tiveron lugar festas.

  No ano 1920 foi adquirido por D. Artemio Fernández Quintela quen vendeu a pedra da Torre do Homenaxe, que aínda se mantiña en pé, para a construcción da actual igrexa da Peroxa.

Hoxe en día atópase en vías de reconstrucción sobre unha lomba onde se divisa un dos panoramas máis fermosos da provincia.

Falando de arquitectura relixiosa, destaca a igrexa de San Xés, que conta cunha fermosa torre barroca con dobre balconada. Tamén ten certo interese as igrexas parroquias de Vilarrubín e Armental, así como o retablo da igrexa da San Vicente de Graíces, no que traballou o escultor Ourensán de fines de século XVI e principios do XVII, Alonso López.

É de destaca-la abundante cantidade de casas señoriais e pazos existentes. Así, son chamativas a casa fidalga de A Torre (Graíces), as señoriais de Souto e Cinco Nogueiras e os Pazos de Turbisquedo (combertido nunha fermosa Casa de Turismo Rural), Redondelle (San Xes), Ansariz (Armental) e o de Láncara.

 

Castelo Medieval

 

Festas

Elaboración de chourizos

     

FESTAS

Ó longo do ano teñen lugar un total de 28 festas parroquiais, onde se mesturan tradición e modernidade. Entre as máis interesantes citaremos as seguintes:

- Romaría da Virxe da Saúde (Mirallos) o terceiro domingo de setembro, nunha fermosa ermida situada no monte de San Nicolás.

- Romaría da Virxe de San Amparo (Carracedo) o segundo domingo de setembro, no Campo do Amparo, nunha pequena capela.

- Romaría da Virxe do Rosario (Vilarrubín) o primeiro domingo de outubro.

- Romaría da Virxe das Neves (Graíces) a primeira semana de agosto.

Na Peroxa ten lugar os días 13 e 17 de cada mes a Feira. É coñecida dentro e fora da provincia pola súa "carne ó caldeiro de vitela", prato elaborado de igual modo que fai centos de anos, acompañado con bo viño da Ribeira Sacra e a súa copa de licor característico tamén da zona.

 

TELÉFONOS DE INTERESE

CONCELLO 988 206614

FARMACIA 988 200081

TAXIS 608 888490

HOSPEDAXE

(HOSTAL PITÓN ) 988 286149

RESTAURANTES

- PITÓN 988 286144

- MESÓN O AGRO 988 206628

- BAR MARÍA 988 206611

- MESÓN O FABAS 988 200676