Vista panorámica.

SITUACIÓN

A Veiga, concello da provincia de Ourense e diocese de Astorga encóntrase situado no leste da provincia de Ourense. Cos seus 291 km2 de extensión é un dos concellos mais extensos de Galicia.

A capitalidade do concello radica en A Veiga, que dista 150 km da cidade de Ourense.

Trátase dunha zona de alta montaña, contando coa cume de Pena Trevinca, a mais alta de Galicia (2124 m). as súas 29 parroquias aglutinan só 1498 habitantes. A densidade de poboación é moi reducida (6 hab/km2).

DESCRICIÓN XEOGRÁFICA

Cunha altitude media que supera os 1000 metros A Veiga mostra un releve vertebrado por serras e modelado pola acción dos xeos – glaciarismo – e dos cursos fluviais. Estes dous elementos, serras e ríos, forman as unidades morfolóxicas.

As serras (con mais de 1200 metros) circundan un espacio central de terras intermedias e mais baixas en altitude, onde se asenta a poboación. O sur están as serras de San Lorenzo (A Gonza 1296 metros), Calva (A Corraliza 1661 metros) e Segundeira (Alto do Torno 1942 metros); o norte a Serra do Eixe (Pico Malouro 1957 metros e Pena Trevinca 2124 metros, punto límite entre León, Ourense e Zamora).

De estas serras descenden regatos e ríos rápidos, moi encaixados nos primeiros tramos e con gran forza erosiva que orixinan vales estreitos. As fortes pendentes se suavizan cara a zona central do termo, sucada polo río Xares que, no seu camiño cara o Bibei, remánsase nos encoros de Prada e de Santa Baia.

 

Santuario Bendito Cristo

da Ascensión. Prada.

A dureza do releve percíbese tamén nos trazos climáticos, que se extreman nas serras e se dulcifican nas terras mais baixas. Duros invernos con neves e baixas temperaturas (2ºC en xaneiro), veráns frescos (16,5ºC xullo-agosto) e baixas precipitacións (1057 mm), definen un clima continental nunha das áreas mais secas de Galicia.

Detalle Casa de Pradolongo.

CULTURA, MONUMENTOS E TURISMO

En A Veiga, e concretamente en Xares, iniciouse un programa de potenciación e dinamización da riqueza paisaxística e cultural da zona, en base ó turismo como factor revitalizador. A creación dun coto de caza maior en 2000 hectáreas de monte comunal, alugamento de cabalos e un hotel de montaña de tres estrelas.

A Veiga invita a descubrir a beleza dun concello interior de alta montaña. Cultura, artesanía, gastronomía e fermosos paraxes fan deste territorio un lugar cheo de alicientes para disfrutar en calquera época do ano.

Paisaxes de interese son os montes de Pena Trevinca e Foio Castaño, e os encoros de Bao e Prada (1958), no que o Xares semella un mar interior de augas tranquilas, rodeado de bosquetes e pequenas parcelas que lle engaden vistosidade e colorido. Na cola do encoro debúxase o núcleo de A Veiga cos seus grises tellados de pizarra. Nas súas proximidades acondicionouse un área recreativa con praia fluvial.

O núcleo de turismo rural de Xares oferta unha variada gama de actividades: aloxamentos rústicos e acolledores co pintoresco do autóctono, caza e pesca – famosas troitas – rutas a cabalo, ciclocrós, senderismo, ... Algunhas destas actividades amplíanse a todo o concello para descubrir lagoas, cumes, encoros, pobos típicos como Corzos, con casas construídas sobre grandes bolas de granito en parte visibles, fervenzas, elementos etnográficos – teares, muíños e fontes, fornos de pan – ou o museo de figuras escultóricas en pedra e madeira.

Polo pintoresco da paisaxe, merece unha visita o Santuario do Bendito Cristo da Ascensión, en Prada, con vistas sobre a gorxa do río Mao. O pobo de A Ponte ofrece unha excepcional mostra de arquitectura popular, destacando a rúa dos muíños.

Da súa historia mais remota son mostras os castros e as inscricións celtas e prerrománicas da casa de "Os Baqueiros", de Ponte. Pobos e lugares como Castromao, Castromarigo ou o Castro de Xares, entre outros, son referencias as lendas encantadas "Dos Mouros".

Pola súa arquitectura e arte cabe destacar tamén as igrexas de: Baños, Xares, Valdín, Castromao, Carracedo e Seoane.

Destacar tamén o Cristo da Ascensión de Prada situado nunha fermosa paraxe, onde na data da súa festividade celébrase unha gran romaría.

Todo un mundo por descubrir onde a natureza e patrimonio vólvense sinónimos de colorido, sosego e tranquilidade. É a grandeza do sinxelo.‹

Lagoa de Oceo.

Castañas.

ARTESANÍA E GASTRONOMÍA

A Veiga, terra eminentemente gandeira ofrece unha carnes de excelente calidade: cordeiro, cabrito e terneira. Tamén na gastronomía mantense a tradición: androllas, chourizos, empanada, lacón con grelos son só algúns dos productos típicos que o visitante poderá degustar.

Non podemos esquecer o polbo e as sabrosas troitas do río Xares.

A arquitectura popular do concello de A Veiga, propia de zona de alta montaña, encóntrase perfectamente integrada no ámbito xeográfico que a rodea. Estas vivendas aínda conservan un gran número de fornos de pan, algúns deles seguen sendo utilizados. Tamén existen numerosos teares e gran cantidade de prendas de liño, mostras únicas da artesanía da zona.

FESTAS E FEIRAS

Na época estival, na que polo regreso dos emigrantes triplícase a poboación, A Veiga é unha continua festa.

Como curiosidade, no mes de agosto non existe un só día no que algún dos pobos non celebre a súa festa. Ó longo de todo o ano cabe destacar: a festa do Corpus, na que as rúas cóbrense con alfombras de flores, a romaría do Santo Cristo da Ascensión xa mencionada e a famosa festa campestre "A Morteira" en Xares.

Na capital do concello celébranse tres feiras mensuais os días 9, 17 e 29.

Embarcacions de recreo.

TELEFONOS DE INTERESE

CONCELLO 988 35.00.00