| SITUACION. A Vila de Allariz atópase na provincia de Ourense. Ocupa o centro da metade occidental e granítica da provincia. Ten 85.3 Km2 e 97 núcleos de poboación, que se agrupan nas 16 parroquias do municipio. A rede hidrográfica xira en torno ó río Arnoia, de 87 Km2 de lonxitude, que atravesa o municipio de Leste a Oeste. | |
![]()
| O CLIMA pódese definir como atlántico de interior con influencias continentais, con gran cantidade de microclimas dependentes do val.
AS COMUNICACIONS establécense por estrada. A principal é a N-525, Madrid-Santiago, que cruza o municipio de Norte a Sur. |
| HISTORIA E ARTE A vida local tivo a súa orixe no castro que domina o discorrer do Arnoia cruzado por camiños estratéxicos; mais o seu desenvolvemento na Idade Antiga está sen aclarar. | ||
![]() |
Da época sueva hai varias lendas, como a súa fundación por Alarico, reunión de Cortes por Sisebuto, ou ser Corte de Witiza. |
|
| O que se pode sentar neste tempo, é cabaleiro que un de nome Alarico a repobou cara o século VI con carácter agrícola, dándolle o nome de Vila Alaricii. O seu papel propiamente histórico iníciase no Século XI, ó se converter no foco da monarquía hispánica, máis chamada galaico-leonesa. Foi erixida daquela a gran fortaleza real na que se centrou a súa historia. Entre os anos 1132 e 1140 foi clave das guerras contra a expansión secesionista de Portugal, gracias ós que o sur de Galiza foi absorvido. Afonso VII deulle o célebre Foro, que a converteu en poboación de realengo. Todo indica que o Castelo de Allariz foi sempre residencia das familias reais e lugar de educación dos príncipes e infantes. | ||
| O período chamado "Século de Galiza", no que esta se cubriu de igrexas, mosteiros, castelos e prósperas poboacións e no que as artes e as letras chegaron a construir unha civilización propia, foi consecuencia de irradiación do poder real aquí asentado. Sendo rei Afonso X o Sabio, veu en dar un trato especialísimo á Vila, e mesmo mantivo e reforzou a vixencia do foro de Afonso VII contra a súa propia tendencia unificadora. | ![]()
![]()
| Sen embargo, non puido contentar ós alaricano, sublevándose éstes en favor do Infante don Sancho, quen nomeou á Vila "Chave do reino de Galiza". A finais do XIV agudizouse a oposición entre o poder real que representaba Allariz e o episcopal do veciño Ourense. En 1446 Xoán II cedeu a Vila e a súa xurisdicción ó Conde de Benavente que a codiciaba para as súas aspiracións de dominar toda Galiza. En 1471 os Irmandiños de Galiza sitiaron o Castelo, axudados polos da Vila. Este famoso asedio durou 9 meses. |
| Prodúxose tamén cá Idade Moderna, outro feito dos que deron relevo a Allariz,; o asentamento na Vila de ilustres liñaxes, que construíron as súas casas e pazos, co cal a vila chegou á plenitude da harmonía artística. Na Idade Moderna, como consecuencia da fundación de novas igrexas e obras de beneficiencia, houbo un valioso encrave de arte relixiosa e Allariz coñeceu unha nova era de prosperidade, como antes baixo a protección real. A Ocupación francesa atropelou as igrexas e causou numerosas perdas, máis o exército de Soult, derrotado en Oporto buscou tres meses despois na Vila un precario refuxio. A desamortización arruinou o Mosteiro, e foi a causa da destrucción do Castelo, así como a construcción da estrada que levou gran parte das pedras da muralla. Máis Allariz, a través de tantas probas, conserva íntegras as esencias da mellor tradición. | ||
![]()
|
CRUCEIROS. O decenio de 1571 a 1580 foi calamitoso polas invasións de peste bubónica, polo que nada ten de estraño que os temores desta época despertasen a busca de protección do ceo, e quedasen disto monumentos de tanta significación popular como os cruceiros. Obra de canteiros alaricanos, a composición das súas figuras é acusadamente gótica e tardía. Existe un cruceiro situado no Piñeiro, | ![]()
|
| que non posúe valor artístico senón testemuñal dun terrible suceso acaecido a principio de século, cando o 23 de xullo de 1902 un raio penetrou na igrexa do Piñeiro pola sacristía; ó encontarse a porta pechada non puido saír, polo que 25 persoas morreron queimadas e por asfixia. En memoria desdes alaricanos, e no lugar onde estaba ubicada a igrexa, erixiuse un prisma de granito con chapitel e cruz.
FONTES. Ademáis da situada na Barreira existen outras fontes; a da Oliveira que está hoxe soterrada, a de Santán e a de San Isidro (a máis interesante) | ||
![]()
![]() | ARTESANIA E GASTRONOMIA
A principios deste século a Vila vive un momento de prosperidade, chegando a ter 10.000 habitantes. O liño é a principal ocupación agrícola artesanal con máis de 50 talleres. A decadencia desta actividade coincide co auxe do curtido do coiro, principal sector industrial de comarca xunto cá cerámica ata principios dos anos sesenta. Dende entón iniciouse unha decadencia económica e demográfica da que Allariz parece querer rexurdir nos últimos anos (sendo unha vila exemplar para toda Galiza). Actualmente pódense degustar tódolos pratos típicos galegos, destacando os seus doces como é a Tarta Real, os amendoados, as améndoas de pico, e as roscas de cazo, sen olvidar os seus licores e chocolates. |
|---|
![]() | DIRECCION E TELEFONOS
OFICINA DE INFORMACION: (Alameda, s/n): 988 44 20 08 CASA DA CULTURA: 988 44 08 59 CONCELLO: 988 44 00 01 - 988 44 08 01 REATUR, S.A. Oficina: 988 44 20 06 Recepción Cámping: 988 44 01 26 |
