Chaos de Amoeiro
SITUACIÓN. Amoeiro aséntase na meseta dos Chaos, situada ó noroeste do Val do Miño, limitando ó leste co Concello de Coles, ó norte co Concello de Vilamarín e S. Cristovo de Cea, ó sur co Concello de Ourense e Punxín e polo oeste co Concello de Maside. Posúe unhas características xeográficas moi singulares que o converten nunha das comarcas mellor individualizadas de toda Galicia. Mira orgullosa á cidade de Ourense polos rebordes de Palmés e o Castro e dialoga co río Miño polas bocarribeiras de Santa Cruz e Coles.
Dista só 15 quilómetros da cidade das Burgas e comunica de forma excelente coas restantes urbes e vilas galegas a través das estradas provinciais (Tamallancos­Barbantes, Santa Cruz de Arrabaldo­ A Penafita, Amoeiro- Vilar e Cambeo- Ponte dos Frades) e das estradas estatais (Madrid-Vigo dende Santa Cruz de Arrabaldo e Madrid-Santiago dende Tamallancos) . A comarca supera os 500 metros de altitude nos cotos de Pena Ferreiro ou do Rodeiro, estendéndose polo Norte cara ás serras da Magdalena e da Martiña. Otero Pedrayo definía esta bisbarra como unhas terras dominadas pola lei da claridade e polo sentido de liberación do home, do arte románico consubstancial a Galicia que está presente nas fermosísimas igrexas de Amoeiro, Cornoces e Fontefría en simbiótica conxunción cos Pazos e Casas Solariegas das estirpes dos Boan, Miranda, Reinoso, Sotelo Puga, Yañez de Novoa e outros representantes egrexios da rancia fidalguía que noutros tempos señoríos estas chairas do noroeste ourensán.

O clima benigno que disfrutan estas terras, ausente das insáns neboeiras invernais e dos abafantes calores estivais de chamada "pota" de Ourense, constitúe un dos principais atractivos residenciais e turísticos da comarca, cinto coa calidade de vida que fornece o entorno medioambiental e a riqueza patrimonial que atesoura este concello. Amoeiro conta actualmente coas infraestructuras e servicios propios de calquera núcleo urbano , incluíndo un complexo polideportivo municipal dotado con 3 piscinas, cancha de tenis e de fútbol-sala, espacios verdes, programas de animación socio­cultural e unha Casa de Cultura a punto de ser rematada e que integrará no seu día, unha biblioteca, salas de exposicións permanentes e un museo etnográfico comarcal.

SITUACIÓN SOCIO-ECONÓMICA.

Muiños en Cornoces
A poboación local (arredor de 2.291 habitantes según o último censo) mantivo ata datas ben recentes una pluriactividade laboral que combina a agricultura a tempo parcial coa proletarización no sector secundario e terciario das cidades máis próximas, fundamentalmente Ourense e Vigo.

Iglesia de Fontefría
A emigración, primeiro a América e logo a Europa ten grande tradición nestas terras, sendo unha das causas principais da despoboación acelerada de varios núcleos rurais, especialmente algúns pobos situados na beira esquerda do río Barbantiño dende a Martinga ata a Fervenza do Cachón, que ofrecen tranquilidade e fermosas paisaxes. Pobos como Fondo de Vila ou Bubeiras reúnen as condicións ideais para converterse na segunda residencia dos profesionais liberais e das novas clases medias urbanas que foxen das cidades á procura de espacios verdes con maior calidade de vida.

Na actualidade proliferan as pequenas empresas vencelladas fundamentalmente ós sectores da construcción, a carpintería­ebanistería e ós servicios, constituíndo un capital humano do que nos sentimos especialmente orgullosos polo seu dinamismo económico e compromiso social co desenvolvemento integral do concello.

ARTE E MONUMENTOS

O achegarmos por primeira vez ós Chaos de Amoeiro subindo dende Ourense polo camiño Antigo que leva por Oseira a Compostela, podemos comprobar a harmoniosa simbiosidade dos máis variados elementos da cultura tradicional coas infraestructuras propias da modernidade, experimentando unha sensación de reencontro coa natureza e coas nosas raíces culturais.

O visitante queda extasiado ó percorrer a pé ou en bicicleta de montaña o complexo medioambiental que baixa dende o pazo de A Martina na parroquia de Cornoces ata o monumento natural da Fervenza de Parada, onde a famosa cascada dirixe a sinfonía ecolóxica dos paxaros e árbores que habitan o bosque de galería que rodea o Barbantiño formando un conxunto de beleza e harmonía sen igual . Por camiños e sendeiros comunicados coa ruta
Xacobea, pódese chegar ata a igrexa románica de Cornoces, visitar o forno comunal de Sabariz ou aventurarse polas corredoiras da fermosa fraga do Barbantiño ata a sen igual Fervenza do Cachón.

Priorato de San Paio -Bóveda
PARROQUIA DE ABRUCIÑOS: Parroquia do concello de Amoeiros, provincia e dióceses de Ourense. Dista 1 Km. Da capital municipal.

-Pazo de San Damián

PARROQUIA DE AMOEIRO: Parroquia do Municipio e arciprestazgo de Amoeiro e dióceses de Ourense. Rega o término que ocupa parte do que se chama " Chao de Amoeiro ", o arroio de A Raña.

-Pazo de Parada

PARROQUIA DE BÓVEDA: Parroquia do Municipio de Amoeiro.

- Priorato de San Paio - Pazo Coto de Martín

PARROQUIA DE CORNOCES: Parroquia do Municipio e arciprestazgo de Amoeiro e dióceses de Ourense. Bañan seu término o río Barbantiño e o arroio de auga.

- Iglesia de San Martiño - Ponte de San Fiz - Pazo de A Martinga

Pazo de San Damián-Abuciños

PARROQUIA DE FONTEFRÍA: Parroquia do Municipio e arciprestazgo de laza, provincia e dióceses de Ourense . O término recibe as augas do río Formigueiro e rexistra as elevacións máis significativas no monte de As Telleiras, dunha cota de 401 m.

- Iglesia de Santa María

PARROQUIA DE PARADA: Parroquia do Municipio e arciprestazgo de Amoeiro provincia de Ourense. Alcanza una altitude máxima de 346m. e está bañada polo río Barbantín.

PARROQUIA DE ROUZÓS: Parroquia do Municipio y arciprestazgo de Amoeiro, provincia e dióceses de Ourense. Dista 1,6 Km. da capital do municipio e comunícase por unha estrada local. Alcanza una altitude máxima de 400 m.é está bañada polo río Formigueiro.

PARROQUIA DE TRASALBA : Parroquia do Municipio e arciprestazgo do Amoeiro, provincia e dióceses de Ourense. Dista 5 Km. Da capital do municipio e comunícase pola estrada local. Tendo en conta tamén a existencia da casa patrucial de Ramón Otero Pedrayo, na actualidade Museo Otero Pedrayo. A igrexa parroquial do estilo románico consta dunha nave, unha ábsida e portada principal de arquivoltas.

Pazo Museo Otero Pedrayo
GASTRONOMÍA: Durante o mes de maio celébrase a "Festa do Porco".

MONUMENTOS E MUSEOS: "Pazo Museo Otero Pedrayo" (Trasalba)

FESTAS E FEIRAS: Feira mensual tódolos días 14

Festas Patronais Abruciños: 29 de agosto. Amoeiro: 14, 15 y 16 de agosto. Bóveda: 1º domingo de xullo. Cornoces: 27 de agosto. Fontefría: 18 de xullo. Rouzós: 2º domingo de setembro. Parada: 25 de xullo. Trasalba: 1º domingo seguinte o 16 de agosto

TELÉFONOS DE INTERESE:

CONCELLO 988 28 10 00

PAZO MUSEO OTERO PEDRAYO 988 28 11 39