|
SITUACIÓN: O concello, atopase no centro do cuadrante NO da provincia ourensá, ten unha reducida extensión (54,02 km²) , entre os derrames meridionais da Serra do Faro ó norte, e o val do río Avia ó Sur. Por todo elo, configurase como un espacio do transición entre as serras e o val, estructurado e organizado pola conca do rio Arenteiro, que percorre o concello ó longo. A chamada, por iso, "vila do Arenteiro" converteuse no centro funcional da Comarca do Carballiño, |
|
| e no núcleo mais dinámico – dende unha óptica
socioecónomica- e un dos de maior renda da provincia (agás a capitalidade da provincia).
Constitúe tamén, un dos centros do turismo termal mais importantes de Galicia. O Carballiño e "terra de augas" superficiais e subterráneas. Entre os seus numerosos ríos e arroios esta o Arenteiro, que baña a vila e os espacios naturais mais importantes da comarca: a praia fluvial do Cuco, o Gran Balneario, o Parque Municipal e a área recreativa e praia fluvial da Piscifactoría. Son especialmente as augas termais as que deron fama o Carballiño: O Gran Balneario e as Caldas de Partovia. O concello ten unha poboación que supera os 12.000 habitantes, duplicándose os que ten a comarca, que se atopa integrada por nove concellos. |
||
DESCRICIÓN XEOGRÁFICA. O solo maioritariamente é granítico, resultado dun xogo do fosas tectónicas e bloque levantados e desgastados pola erosión, dispostos en sentido NE-SO. O rio Arenteiro, aproveita a fractura principal e instalase na liña da falla e constitúe o eixo xeométrico central. Ó noroeste do mesmo está o Pico da Peniza, con 876 metros e Pena Grande, con 606 metros, as súas encaixeladeiras descenden lentamente cara o mediodía. O sector meridional do concello, de perfiles moi marcados pola acción erosiva fluvial e o encaixonamento dos cursos da auga (Arenteiro e arroio de Varón), insertase plenamente na área vitivinícola do Ribeiro. A paisaxe resulta de grande atractivo pola disposición dos cultivos en terrazas o "socalcos", bo viño branco e tinto, moi apreciado en tola a rexión. |
Igrexia da Veracruz. |
|
O terreo é fértil e con boa disposición para os cultivos nas zoas baixas pendentes. Polo contrario, nas zoas maís abruptas, atopamos unha gran riqueza forestal (65%) con predominio do pino marítimo, bosquetes e rodais de especies autóctonas, constitúen un elemento de valor ecolóxico e turístico. HISTORIA. Hai numerosos restos neolíticos en toda a zoa, consérvanse nos museos arqueolóxicos de Ourense e Pontevedra. A presencia dos romanos, atraídos pola riqueza das augas termais, concretamente de Partovia, detectase na toponimia. Foi a partir da Idade Media, coincidindo coa aparición da comunidade relixiosa do Cister en Oseira, cando xurdiu unha verdadeira organización da actividade económica na comarca. A extensa área que controlaba, doada maioritariamente pola realeza, era fértil e rica; xa no século XVII sábese da celebración da feira no Carballiño, que superou a Cea, que dende o século XIII era o centro de todo o comercio comarcal. De esta forma naceu o que hoxe é a capitalidade do municipio. En 1901 foi concedido o tratamento de "Excelencia" polo progreso da súa agricultura, comercio e industria. Non debemos esquecer tampouco, que unha etapa importante na recente historia local está vinculada a tradición emigrante dos habitantes da comarca que, a partir dos anos sesenta, contribuíndo a expansión urbana da vila. |
||
Balneario |
ARTE Y MONUMENTOS. Posúe como símbolo da comarca e signo de modernidade unha xoia da arquitectura eclesial contemporánea: O Templo da Veracruz, exquisita amalgama de formas bizantinas, góticas, románicas e prerrománicas; obra cume de Antonio Palacios, erguida por constructores e canteiros locais con materiais da comarca. Dás construccións "castrexas" o asentamento do Mosteiro en San Cibrán de Las, en San Amaro. O románico adquire na comarca carácter de exclusividade: Astureses, Pazos, Ourantes e Santa Baia de Banga, declarada "monumento de interese" pola policromía das súas pinturas murais (ano 1550); nas proximidades atópase o Pazo dos Quiroga no que a escritora Emilia Pardo Bazán, situou algunhas das súas novelas. |
|
Pola súa monumentalidade e características é preciso sinalar có ,Mosteiro de Oseira, fundado polo Cister, de gran influencia na comarca durante a Idade Media. O seu carón atópase o Museo Liste, a colección etnográfica privada mais importante de Galicia. ESTACIÓN BALNEARIA. Quixo a natureza conxugar no Carballiño as propiedades das augas superficiais con aquelas maís profundas e cálidas, emerxentes o seu carón, dándolle así ambos dons. Corren próximas ó Arenteiro en mananciais termais localizados no "Bañiño de Arcos" e no "Gran Balneario". O primeiro e público e ten fonte e estanque, mentres co segundo e de titularidade privada e posúe unhas modernas instalacións para o tratamento de afeccións intestinais, hepáticas dermatolóxicas, de gorxa, amais do aval de séculos de historia. O edificio do "Gran Balneario" data de 1900, aínda cas súas augas eran xa coñecidas no século XVIII co nome de "Poza de Sanar". A terceira instalación termal situase en Caldas de Partovia e conserva o edificio maís antigo de tódolos balnearios galegos, des mediados do século XIX. O "Balneario de Caldas de Partovia" era coñecido e usado polos romanos. Ten tres mananciais, con fonte, baños e duchas para o tratamento de enfermidades da pel, gorxa, afeccións intestinais e hepáticas. Mentres o "Gran Balneario do Carballiño" abre so en tempada alta (maio e outubro), o de As Caldas esta aberto todo o ano. |
||
ESPACIOS NATURAIS. O Carballiño posúe máis de 500.000 metros² de zoa verde no casco urbano. Seguindo o curso do río Arenteiro, que percorre a vila de norte a sur, atopamos os espacios naturais maís sobresaíntes da comarca. Entre elles, as áreas recreativas do Bañiño de Arcos, O Cuco, Gran Balneario, Piscifactoría, Pena dos Namorados, Muíño das Lousas e, sobor de todo, o Parque Municipal. Este posúe 32 hectáreas de arboredo e plantas das mais diversas especies. Conta, amais cun paseo fluvial de uns 2 km., con embarcadoiro, considerado como un dos mellores parques de Galicia. |
|
|
GASTRONOMÍA. A comarca do Carballiño é rica en productos da terra, e en especial carnes e hortalizas, a súa gastronomía abarca tamén unha gran variedade de productos mariños, pola súa proximidade a costa de Pontevedra. Esta circunstancia, amais da histórica que relacionou durante moitos séculos Oseira coa localidade pontevedresa de Marín, foi priotato do mosteiro cirtesciense, e contribuíu a co Carballiño se erguese no berce de "polbeiras ". O "polbo a feira" e o prato maís característico e universal da gastronomía local. O lema gastronómico da vila: " Para polbo, carne, pan e viño, O Carballiño" |
||
|
Os pratos típicos da zoa son os seguintes: - "Polbo a feira", "Carne o caldeiro", "Chourizos artesáns", " Empanada de pan de Cea", "Cocido". Entre os postres cabe destaca: Bica, Galletas Artesáns, Rosquillas, Filloas, Queixo con mel, Melindres, Cañas fritas, Arroz con Leche, Biscoito. |
|
ACTIVIDADES Y SERVICIOS TURÍSTICOS Rutas de Sendeirismo: Ruta das covas, O Carballiño-Rodas, Rutas dos castros, Ruta do románico, Ruta do barroco. Paseos a cabalo: Percorrido por camiños e sendeiros naturais. Cicloturismo: Percorrido por camiños e sendeiros. Paseos en barca: Río Arenteiro Pesca fluvial: Coto do Arenteiro e Marañao. Deportes de aventura: Puenting Visitas culturais: Banga, Cabanelas, Pazos, San Clodio, Caldas de Partovia. Mosteiro de Oseira e "Fornos"de Cea, Castro de San Cibrán e San Torcuato. FESTAS E FEIRAS Festas gastronómicas: Festa do polbo do Carballiño: 2º domingo de agosto, Festa da Cachucha do Carballiño: domingo do Entroido, Festa da Empanada: 3º domingo de agosto, Festa do cabrito: 1º domingo de agosto, Festa do magosto: 11 de novembro. Feiras: Son o 16 e o 30 de cada mes. |
||
![]() |
ELÉFONOS DE INTERESE: OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN E TURISMO 988 274757 OFERTA FIN DE SEMANA PADROADO DE TURISMO MUNICIPAL
OFICINA DE INFORMACIÓN E TURISMO MUNICIPAL
|
|