Vista de Castrelo

 SITUACIÓN

Este concello ocupa unha zona de transmisión entre o macizo de Manzaneda - Serra de Queixa e o val de Verín, tamén denominado de Monterrei ou Támega, no sector suroriental da provincia de Ourense.

A capital do concello está a uns 65 Km da cidade de Ourense e a 6 Km de Verín. A liña ferroviaria Ourense - Zamora ten unha estación en Campobecerros, denominada Castrelo do Val - Verín.

Pola súa extensión o concello é un dos maiores da provincia (1224,4 Km2). Ós seus habitantes están distribuídos en 9 parroquias: Campobecerros, Castrelo do Val, Gondulfes, Nocedo do Val, Parada da Serra, Pepín, Piornedo, Portocamba e Servoi.

 

DESCRICIÓN XEOGRÁFICA

O seu relevo montañoso débese o emprazamento nas estribacións do macizo de Cabeza de Manzaneda - San Mamede - Serra de Queixa. Este núcleo orográfico está rodeado por unha serie de fosas tectónicas periféricas, unha delas é a de Verín. Por iso, Castrelo do Val caracterizase topograficamente polo forte descenso de altitude dende o norte, a onde chegan as estribacións do macizo anteriormente citado ( Cabeza de Valdefeira, 1.288 metros; Peña Nofre, 1.291 metros ; Cabeza do Sogral, 1.369 metros), cara a depresión que ocupa o sector suroccidental do concello, e onde as alturas oscilan entre 400 e 500 metros.

A depreciación tectónica está anegada polo río Támega, que descorre cara o sur, por ser afluente do río Douro, e baña as terras meridionais do concello. Completan a rede fluvial numerosos ríos, o máis importante dos cales é o Camba, que está representado no encoro das Portas.

No referente ó clima, tanto na estación de Potocamba como na de Campobecerros, rexístrase unha temperatura media anual en torno a 9 ºC, unha oscilación térmica elevada (14, 8ºC) e altas precisión anuais. Estes valores son o resultado dunha combinación de distintos factores ( situación interior, topografía montañosa e altitude elevada).

 

HISTORIA E ARTE

Os restos arqueolóxicos do Castro de Cambaca, en Casteliños, deixaron constancia da ocupación humana das terras dende a antigüidade.

O topónimo variou o longo da súa historia. Así, no boletín oficial da provincia de Ourense do ano 1.836 figuraba como Castrelo pero en 1.842 engadiuse " do Val". Na actualidade o nome oficial é Castrelo de Val.

GASTRONOMÍA

A gastronomía está relacionada cos productos ligados a agricultura e a gandería e coa riqueza piscícola e cinexética da zona.

As castañas, a mel, as setas, a carne de xabarín, cordeiro e cabrito, regados co bo viño que se da na zona acollidos a Denominación de Orixe de Monterrei, son os productos característicos desta zona.

 Vista Panorámica

 

Cruceiro

 

CULTURA E TURISMO

O lugar de maior atractivo turístico é o Parque Natural do Invernadoiro, que forma parte do amplo espacio natural Serra da Queixa - Montes do Invernadoiro (un dos maiores de Galicia) e se estenden por varios concellos veciños.

Tamén son destacables as áreas recreativas e merendeiros en Servoi, Nocedo, Castrelo e Piornedo; o Paseo dos Namorados a beira do río, en Castrelo; e o albergue xuvenil en Servoi e Pepín. Conta ademais cunha alta concentración de especies cinexéticas, sendo, por esto, unha zona de caza menor e maior.

MONUMENTOS E MUSEOS

Capelas e Ermidas:

- Capela de Campobecerros. Século XX

- Capela de Castrelo do Val. Século XIX

Igrexas:

- San Salvador. Nocelo do Val. Século XX

- Santiago: Campobecerros. Século XX

- Santa Cruz: Gondulfes. Século XVIII

- San Vicente: Pepín. Século XIX

- Petos de Ánimas: Gondulfes

 

   

 

 

Vistas

 

FEIRAS E FESTAS

Son de interese a romaría dos danzantes de Santa Marta en Fontefría (primeiro domingo de setembro); a Noite do fogo Novo en Servoi (24 de xuño); a Asunción (15 de agosto) e a Virxe do Carme (16 de xulio) en Castrelo; ademais de Magosto en Campobecerros ( 11 de novembro).

 

TELÉFONOS DE INTERESE

CASA DO CONCELLO………………………… 988 41 90 02