Paisaxe de interese

SITUACIÓN

A natureza brindou a Larouco unha beleza paisaxística espectacular. Situado no sector noriental da provincia de Ourense, a súa reducida dimensión, (23,48 Km cadrados) é, na súa maior parte, zona montañosa. Pertence á Comarca de Valdeorras, mantemento intensos lazos comerciais e funcionais, con outros concellos da comarca, especialmente coa Rúa e o Barco.

Unha anterga cantiga popular expresa " Larouco pan pouco e viño moito", xa que as súas xentes souberon extraer da terra un apreciado froito, a uva, onde a súa producción e transformación e a base da económica local.

A C-536, antiga N-120 Vigo-Ponferrada, atravesa o municipio, e en torno a ela desenvólvese a vila de Larouco, capital municipal. Na citada vía están os símbolos que identifican o municipio, que son os Cóbados de Larouco - trazado sinuoso que describe a calzada romana Vía Nova ou Vía XVIII do Itinerario Antonino - . Neles consérvase a ponte romana do Bibei (século II).

 

DESCRICIÓN XEOGRÁFICA

Son tres as unidades de relevo por "soutos de castaños" que hai coas formacións vexetais de tipo mediterráneo (xara, tomiño, romeu), que abundan nas extensas superficies forestais, xunto coa sobreira e oliveira.

 

HISTORIA

Existen filóns prerromanos correspondentes a poboación castrexas. Segundo diversos autores, Larouco foi un luar de cuñación da moeda visigoda de Witterico, na que se lee Laruclo. Pero a presencia romana é a mais patente, tanto na toponimia como en diversos restos atopados, e a mellor proba é a calzada "Vía XVIII" que unía Braga con Astorga contribuíndo fortemente a romanización destas terras, e a ponte que sortea o profundo canon do Bibei.

Este concello participou na historia conxunta de toda a comarca, e na Idade Media pertenceu a distintos tenentes e condes (Conde de Lemos, Marquesado de Vilafranca, Condes de Ribadavia). Na Guerra da Independencia, os paisanos de Larouco protagonizaron diversos episodios de loita contra as tropas francesas, tendo lugar un duro combate na Ponte Bibei.

Xa no século XIX partidas carlistas e latrofacciosas percorren estas terras; unha delas atacou O Castro ( O Barco), defendendo dende o Castelo pola milicia nacional.

 

  Freixido de Arriba

 

  Vista panorámica

ANÁLISE SOCIOECONÓMICO

A base económica local é a viticultura de tradición secular. Os seus caldos están incluídos na Denominación de Orixe Valdeorras, e contan cunha importante cooperativa vinícola de producción e embotellamento. A vide é un cultivo intensivo, e tamén o mais importante, ocupando o 66,80 % da superficie cultivada que se localiza nos bancais. A oliveira aparecía asociado a vide e abasteceu, noutro tempo, ós muíños de aceite que funcionaban na zona.

 

CULTURA, MONUMENTOS E TURISMO

O topónimo Larouco ven, segundo algúns autores, de Laravcos ou de Laravcus, divindade prerromana con atributos semellantes ós de Xúpiter, ó que se rendía culto antes e tra-la romanización, como testemuñan os restos epigráficos atopados.

O máis notorio deste municipio é o seu insólito e impresionante paisaxe. Os encaixados vales dos ríos Sil, Bibei e Xares asómanse as ladeiras quebradas, case verticais, polas que trepan os viñedos formando estreitas terrazas. As formas do relevo determinan tamén as pintorescas posicións nas que se emprazan os núcleos: nas "bocarribeiras", cabalgando sobre as gargantas dos ríos e nos fondos do val.

Sorprendente é a imaxe que ofrecen os Cóbados de Larouco, situados entre os concellos de Trives, Manzaneda e Larouco, mantendo desta maneira a supervivencia da presencia romana. Desígnase con este nome o sinuoso trazado que debuxa a Vía Nova para atravesa-lo profundo val do Bibei, dando repetidas voltas dende a aldea de Mondoia (620 metros), en Trives, ata o Bibei (350 metros) para, unha vez atravesado este pola ponte, continuar ata o Alto da Ermida Vella (560 metros), cunha pendente uniforme, adaptándose ó terreo.

Todo este labrado a pico en rocha, na súa maior parte , foi considerado dende sempre como unha das grandes obras realizadas en España polos romanos. Próximos a ponte atopáronse varios miliarios, que hoxe poden verse na beirarrúa da estrada; nas marxes do Bibei conservándose aínda dous magníficos muros romanos de canalizamento.

Artisticamente destacaremo-la igrexa parroquial de Larouco e Santa María de Seadur. En Seadur poden verse os restos dun castro, Castro Cabanelas, rodeado de murallas, cun foxo e un parapeto de rocas xigantescas de granito; polo norte está defendido por un profundo precipicio ata o Sil. Constitúense nuns excelentes miradoiros dos vales de Petín e A Rúa e, como ocorren noutros castros, está envolto no encanto de lendas sobre " mouros".

 

Muiño de aceite en Freixido

 

 

 

 
Muiño en Seoane

 

FESTAS

Cada parroquia celebra os seus propios festexos e entre eles sobresaen: en Seadur, Santa Mariña o 18 de xullo; en Freixido Santa Bárbara o 15 de agosto; e en Larouco Nosa Señora dos Remedios o 8 de setembro e Santa Lucía o 13 de decembro.

 

TELÉFONOS DE INTERESE

CASA DO CONCELLO 988 34 80 02