|
Val de Cusanca |
SITUACIÓN Ese concello ourensán é un dos máis extensos da provincia. É un espacio de contrastes, de montañas e vales, con espesas superficies case chairas e sólidos macizos desmantelados. Sitúase o nordeste da provincia, no límite con Pontevedra, a 39 Km da capital da provincia, e a 11 Km de Carballiño, capital da comarca a que pertence. Comprende 12 parroquias que se comunican a través dunha abundante rede de estradas locais e pistas en bo estado, dispostas a través dos vales e zonas de media ladeira. | |
|
DESCRICIÓN XEOGRÁFICA O municipio esta inmerso no sistema montañoso que separa as provincias orientais e as occidentais: a Dorsal galega. As maiores alturas están no oeste, nos Montes do Testeiro ( pico de Uceiro con 1.003 metros) e ó noroeste, onde se sitúan así os somontes meridionais da Serra do Faro, alcanzando a máxima cota no Pico Seco (935 metros). Deste modo, a metade norte é autenticamente montañosa: trátase dun paisaxe quebrado, de perfiles ondulados e nus (polo efecto dos continuos ciclos erosivos), sendo o sector meridional mais heteroxéneo, regado polos ríos Lovagueira, Viñao (afluente do Avia) e Pedriña. O Lovagueira é o mais encaixado, describe un val estreito das rocas metamórficas moi erosionadas, en plena Serra do Testeiro. Os restantes ríos atravesan un substrato granítico e dan lugar a vales amplos e poboados, nos que se fan depósitos aluviais constituíndo as mellores terras de cultivo. En xeral, gran parte do terreo é superficie núa ou está cuberta polo mato, só os vales e ladeiras baixas das montañas están ocupadas polas densas e tupidas masas de coníferas e algunhas especies autóctonas. É necesario destaca-lo coidado desta riqueza forestal por parte dos veciños, que sempre loitaron contra os incendios. |
||
|
HISTORIA Os retos arqueolóxicos encontrados son reflexo dunha boa parte da historia do actual municipio dunha florecente cultura. As construccións dunha etapa primitiva "megalítica" e mais tardía, da Idade de Ferro, esténdese ó longo do solar que ocupa o Concello do Irixo. A esto únese tamén, unha serie de documentos medievais que certifican a existencia da xurisdicción ou Terra de Orcellón, pouco antes do ano 1000, que comprendería, ademais do Irixo, Boborás e Cea e que, parece, dependeu directamente do mosteiro de Carboeiro. A partir do século XV - e ata o século XVII-, os condes de Monterrei pasaron a exerce-lo seu señorío destas terras, que lindaban ca Terra de Castela, á que pertencía Carballiño, o Ribeiro e Faro de Avión. Pero o que se perdeu no tempo, e hoxe en día é case unha lenda, é o primeiro emprazamento dunha suposta anterga fortaleza, castelo ou cidade de Orcellón, da que a tradición oral - por medio de cantigas medievais - fálannos, e que debeu ser un punto de encontro de cortesáns, poetas e trobadores que amenizaban os mercados e as feiras. Este recordo histórico constitúe hoxe un dos principais interrogantes para os historiadores e arqueolóxicos na zona ourensá.
|
Relevo Pétreo, Igrexiaa de Santiago de Corneda
|
|
Coroza típica
|
ANÁLISE SOCIOECONÓMICO A actividade agraria, é tradicional, cunha clara orientación dende fai anos a explotación gandeira. O concello está entre os lares da provincia en canto ó número de cabezas de vacún sendo ademais dos poucos que incrementaron a súa cabana nos últimos dez anos. A existencia da cooperativa leiteira dende 1970 en Loureiro foi o principal motor para o seu desenvolvemento. O sector pecuario contémplase coa maior explotación de equinos de toda a comarca na parroquia de Parada de Labiote, onde se celebra un curro a mediados de agosto, dedicada a crianza e comercialización de carne destinada os mercados extrarrexionais. Destacar algúns empresas constructoras e pequenos serradoiros de madeira, que aproveitan os recursos forestais e unha cooperativa téxtil que traballa para deseñadores de dentro e fóra de Galicia. A esto engadímoslle-la existencia dunha numerosa colonia de emigrantes establecidos en América. | |
|
CULTURA, MONUMENTOS E TURISMO Os castros de Corneda, Orros e Souteliño, ademais dunha extensa variedade de restos de obxectos cotiás - sobre todo no val do río Viñao -, son as probas do poboamento deste zona hai miles de anos. De época posterior, as igrexas parroquiais constitúen a oferta cultural mais interesante. A igrexa medieval de Santo Estevo de Cangués, pouco importante nas súas dimensións, ofrece unha gran orixinalidade de forma. Pero a época constructiva mais rica foron os séculos XVII e XVIII, que deron como resultado interesantes mostras do barroco, como as igrexas de San Xoán de Froufe, Santa María do Campo o Santiago de Corneda, as tres de considerable riqueza ornamental nas fachadas. A parroquia de Reádegos, a que accede por unha calzada medieval parcialmente tapada con cemento, é tamén barroca e posúe unha escaleira de caracol de acceso ó campanario. Distintos cruceiros e algún peto de ánimas (Loureiro) dan proba da tradición canteira da zona, amenizando, en moitos casos, os recorridos en boa pare do Concello. |
![]() Ermita de San Roque, en Esfarrapá
| |
|
Grupo de Gaitas do Concello |
FESTAS As festividades parroquiais e a feira comercial chamada " O Tellado" convocada os días 2 e 17 de cada mes é o mais característico. No medio de todo esto, cabe resalta-la famosa romaría da Virxe do Carme na capela de A Pena da Sela (parroquia de Dadín), situada na carballeira e que se celebra o primeiro domingo de xullo. A tradición manda que os romeiros ofrecidos dende varias voltas de xeonllos ó redor da capela e puxen a entrada ou saída da igrexa. A festa acaba coa comida campestre. | |
|
TELÉFONOS DE INTERESE: CASA DO CONCELLO 988 28 74 00 | ||