![]()
| SITUACION GEOGRAFICA.
A súa situación estratéxica unida as súas condicións climatolóxicas e naturais fan de Ribadavia un lugar de de encontro e disfrute para turistas e visitantes, onde a luz e o sol e as augas termais dan cor as suaves montañas e idílicos paisaxes cheos de vales e ríos que bañan este terreo convertindoo nun paraíso natural.
| |
|
As tempadas noites de primavera e verán no castelo, e nas estreitas rúas do conxunto histórico e nas porticadas prazas abertas ó río, permiten apreciar belas formas do trazado medieval, onde pazos, templos e xardíns sucédense, mentres o viño a música, o teatro e as festas fan de Ribadavía un pobo cheo de ledicia e culto, deixando paso no inverno a un fresco e suave sono branco, idóneo para espíritos románticos e aventureiros. HISTORIA E ARTE. Ribadavía foi testemuña da presencia de moitos pobos e civilizacións que dende tempos remotos colonizaron este terreo. Proba disto son os valiosos restos que | ![]()
| |
| se atoparon nas inmediacións da vila correspondentes as culturas celta e romana. É no tempo dos cristiáns, no século XI cando o burgo de "Rippa Avie" comeza a adquirir maior dimensión e protagonismo xa que segundo a tradición o rei García situou aquí a capitalidade do reino de Galicia nos anos 1065 e 1071. | ||
|
Despois do século XII comeza a expansión económica e demográfica de Ribadavia e do ribeiro, potenciase polo asentamento de diversas ordes relixiosas e a producción e comercialización do viño, moi apreciado pola igrexa e a realeza. No ano 1164 Fernando II concédelle a Ribadavia o "Foro Real", privilexio o que se unira a influencia exercida polos mosteiros de San Clodio, Melón e Oseira, así coma pola maior parte das ordes relixiosas e bispados de Galicia, que posúen importantes propiedades e viñedos nesta comarca. | ![]()
|
Tamén prosperou na vila unha importante comunidade hebrea, agrupándose nas rúa, prazas e travesías, o redor da Porta Nova, chegando a formar unha das maís famosas xuderías de Galicia. A súa principal actividade económica basase no comercio do viño, e o desenvolvemento de oficios artesáns, mantendo bos contactos con xuderías europeas, como foron as de Amsterdam, Venecia e Baiona (Francia). |
|
No século XVI Ribadavia era coñecida internacionalmente polo viño, que exportábase a Europa, sendo moi apreciado polos ingleses que o cotizaban coma un dos maís caros de España. É entre os séculos XVI e XVII cando prodúcese un grao de esplendor de Ribadavia e do ribeiro. Tanto a nobreza como o clero estenderon os seus brazos por todala comarca e a comercialización do viño alcanzou moitas cifras, deixando unha riqueza considerable no país, convertendo esta zoa nunha da maís prósperas de Galicia. | ||
![]()
|
A esta época pertencen importantes construccións da vila e do ribeiro. O viño considerado coma un dos mellores de Europa, coma dicía Cervantes na súa obra "El licenciado Vidreira", cando fai que o seu personaxe congratulase de atópalo nunha fonda de Xénova. Moitos son os monumentos e lugares de interese que posúe Ribadavía, declarada conxunto histórico-artístico no 1947. Rodeada de soberbios paraxes a capitalidade do ribeiro manifesta todo o seu esplendor nos seus monumentos e paisaxes, que deleitan ó visitante cunha exquisita arquitectura e natureza. Entre os seus monumentos destacan: | |
|
Castelo dos Sarmiento: manifestación militar que pertenceu ós Condes de Ribadavia e que foi construído no século XV. No seu interior conservase unha importante necrópole de pedra do século IX-XII. Posúe unha boa vista panorámica. Muralla: rodeaba a vila e conservase con todo o seu esplendor a Porta Nova, a Porta Falsa o Postigo con saída ó rio Avia e a Porta da Cerca sita no frontal do castelo. | ![]()
| |
Igrexia de la Oliveira
![]()
|
Tamén consérvanse magníficas construccións relixiosas: Igrexa de Santiago do século XII: é unha bela manifestación do románico popular galego da transición ó gótico. No seu interior destaca a imaxe dun Santiago Sedente de Pedra do século XIV pertencente a escola do Mestre Mateo. Tamén é soberbia a súa fachada e os elementos artísticos das portas e fiestras. Esta igrexa tivo privilexios especiais chegando a sela principal parroquia da poboación. Igrexa de San Xoán: construída a finais do século XII, destaca pola súa sinxeleza e orixinalidade, así coma pola rica ornamentación dos canecillos e fiestras. O seu interior é dun románico inalterado con bóveda de canón. Conserva casa rectoral e o antigo edificio onde estaba instalado o hospital da Orde de San Xoán de Xerusalén´en. Santa María de Oliveira: coñecida antigamente por "Santa María do Burgo" por estar sita fora das murallas. O templo foi construído no século XII e doado o mosteiro de Oseira por Fernándo II no 1164. Destaca o arco oxival da fachada e un belo cruceiro no atrio. Igrexa da Madalena: coñecida antigamente por "Parroquia de San Xes", ten a súa orixe no século XII, aínda ca actual edificación é do século XVIII. | |
|
Conxunto monumental de Santo Domingo: É a manifestación artístico-relixiosa maís impresionante da vila, declarado monumento nacional no 1931. Está formado pola igrexa Conventual de Santo Domingo e a Igrexa da Virxe do Portal. A igrexa constitúe unha soberbia mostra do gótico Mendicante en Galicia. Conserva boas mostras do arte sepulcral dos séculos XII ó XVI, capiteis historiados e un anxo gaiteiro en pedra o único en Galicia. O ex-convento, de fachada neoclásica e arquitectura gótica, foi o segundo asentamento fundado polos dominicos en Galicia, atribuíndo a súa construcción a San Pedro Telmo e Frei Pedro das Mariñas. Na actualidade adicase a asilo de anciáns. A igrexa da Virxe do Portal acolle a imaxe da patroa do Ribeiro. Posúe un fermoso retablo do 1737 e ten pinturas na cúpula. | ||
![]()
|
Convento franciscano de San Antonio:fundado no 1610 foi a terceira comunidade en importancia da Orde en Galicia. É de estilo barroco e conserva no seu interior un admirable retablo e unha cruz procesional do 1618. Outros lugares de interese histórico-artístico de obrigada visita son: Capela de San Lázaro: Século XII. Posúe un fermoso escudo da Orde do Cister na fachada. Antigamente foi parte dun hospital de leprosos que pertenceu ó mosteiro de Melón. | |
|
Pazo dos Condes de Ribadavia: Sito na Praza Maior, é un fermoso palacio barroco con patio interior de soportais e un gran blasón condal na fachada. Na actualidade boa parte do edificio utilizase como Oficina de Turismo. Torre dó Campanario: Xunta ó concello foi construída no 1555, posúe unha artística fachada con reloxo de sol do 1733 e os antigos brasones da vila, amais do fermoso forxado da campá. Casa da Inquisición: É outra artística construcción do século XVI, con belos brasóns que pertenceron a importantes familias galegas. En todo este mundo de pedra tamén é posible observar pintorescas vistas do rio Avia e dos viñedos, dende a Praza Buxán, ou paseando por Extramuros. Boa e apetecible panorámica tamén é a que pode disfrutar na confluencia do rio Avia co Miño, próxima á Porta Nova. | ||
|
MONUMENTOS E MUSEOS Museo Etnolóxico de Ribadavia: sito no antigo pazo dos Bahamonde, constitúe un dos museos maís interesantes de Galicia Nel pódese contemplar pezas e exposicións sobor da historia e da cultura tradicional galega. Alberga unha importante colección de cerámica tradicional galega.
| ![]()
| |
|
Rectoral de San Andrés: esta rectoral é unha soberbia edificación barroca utilizada para a elaboración do viño dende moi antigo. Pronto acollerá ó Museo galego dó viño con importantes fondos e exposicións sobor da evolución histórica da viticultura en Galicia e especialmente no Ribeiro. Posúe lagares e bodegas subterráneas. Igrexa de San Xes: Sita no Val de Francelos trátase dun exemplar único dentro da arquitectura prerrománica do século IX, con influencias visigóticas e asturianas. Igrexa de San Cristobo: Sita no pobo de San Cristobo é un dos edificios maís representativos da orde dos Templarios na provincia. Románico do século XII. Igrexa de San Paio: Doada por Fernando II os monxes de Oseira, hoxe trátese dun belo exemplar barroco con casa rectoral e fermosas vistas ó lago de Ventosela. Está no pobo de San Paio. Igrexa de Santa Mariña:sita en Esposende, esta igrexa románica conserva varios canecillos de tipo erótico.
| ||
![]()
|
LUGARES TÍPICOS Casa Herminia: atópase no Barrio xudeu preto do Papuxas. Trátase dunha casa tradicional con forno antigo (século XIX) onde é posible degustar doces hebreos e melindres (manxar que non se pode deixar de probar) e os ricos licores caseiros. Conde: reposteiro de sempre en Ribadavia. Elabora o mais tradicional dos productos de repostería: rosquillas, melindres e amendoados de Ribadavia. GASTRONOMÍA E ARTESANÍADentro da gastronomía tradicional, hai que destacar o pez de rio, a anguila e a troita. Pementos de Arnoia, empanada de bacallao con pasas, anguilas e xoubas; lacón con grelos e cocido galego. Repostería Típica: Rosquillas, melindres, amendoados, cañas e doces hebreos. Viños: Brancos e tintos da Comarca do ribeiro. É a denominación de orixe maís antiga de Galicia. Artesanía: Talla de madeira, forxa e traballos en pedra. FEIRAS E FESTAS Feira do viño do Ribeiro:De interese turístico, celebrase a finais da abril e primeiros de maio. É a maís importante manifestación vinícola do ribeiro e de Galicia, durante o cal as bodegas expoñen e dan a degustar os seus viños. Ten numerosas actividades paralelas. Mostra internacional do Teatro: celebrase durante a segunda quincena de xulio, numerosos grupos de teatro de todo o mundo fan de Ribadavia a capitalidade do teatro de Galicia. Festa da Istoría:De interese turístico. Trátase dunha manifestación cultural única en España na que se exalta a historia de Ribadavía. Esta festa medieval é organizada polo pobo para rememorar o seu glorioso pasado na que a moeda oficial é o Maravedí e existen numerosas actividades da época. Celébrase a finais de agosto ou primeiros de setembro.
| |
|
Festa do Portal:celébrase a comezos de setembro, durante unha semana, en honor a Virxe do Portal, patroa do Ribeiro. Importante romaría e actividades musicais e folclóricas. Festa da Vendima: celébrase a mediados do mes de setembro en todo o ribeiro. Noites do Castelo: actuacións folclóricas, musicais e teatrais durante os fis de semana de xuño a setembro, no castelo. Feiras e mercados: os días 10 e 25 de cada mes. OCIO E TEMPO LIBRE Ribadavía non soamente é historia e cultura, tamén é un exuberante xardín verde alimentado por ríos e regatos con belos remansos de paz, onde nenos, pais, mozos e románticos poden alimentar o seu espírito. Aquí atoparas a posibilidade de facer a túa actividade preferida. Si che gusta a auga atrévete coas actividades náuticas ( piragüismo, remo, vela, winsurf) no rio Avia e no parque náutico de Castrelo.
| ||
|
Si che gusta a montaña e a natureza, entón o sendeirismo a través de míticas rutas medievais "Ruta da historia do viño e do románico". Escalada no conxunto megalítico de Pena Corneira, ou ben recorridos en catamarán polo rio Miño sumerxiranche nun entorno idílico. Ribadavía está dotada da moitos recursos termais, o ribeiro constitúe un lugar único para disfrutar da augas con poder de curación e relaxación coñecido dende fai séculos.
| ![]()
| |
|
Dado que no pasado foi punto de encontro de moitos pobos e civilizacións, Ribadavia é unha vila de grande tradición cultural en Galicia. Foco de importantes celebracións e acontecementos do ámbito internacional. Durante todo o ano a capitalidade do ribeiro convertese nun punto de referencia festivo e etnolóxico. | ||
Así é Ribadavía, así é o Ribeiro, onde natureza, misterio, ocio e aventura mestúranse. | ||
| TELÉFONOS DE INTERESE
concello 988 477100 Oficina Turismo 988 471275 | |