Pazo

 

SITUACIÓN:

O Concello de Vilamartín atópase no val central da comarca de Valdeorras, na conca do Sil. Nel podemos contemplar unha variada orografía, cun releve moi accidentado, con altitudes que van dende os 300 metros, ata os 1.540 de Montouto, en plena Serra dos Cabalos e de Lastra onde aparecen filas de calizas e abundantes penedos de pizarra , cuarzos e esquisitos.

A abundancia de zonas de regadío fan que cada ano nos visiten máis anátidas, como o fermosísimo Somormullo, Lavanco, Garzas, Cegoñas e Pitas de auga, etc..

Son tamén importantes as masas boscosas (castiñeiros e pinares silvestres e mansos), abundan os fungos.

Configuran, así, estas condicións, un espacio ideal para as prácticas deportivas e culturais, como o sendeirismo, o montañismo ou piragüismo, ó aire libre, ou deportes como a natación e o tenis, nas instalacións existentes na súa área de lecer de O Bañadoiro.

 

DESCRICIÓN XEOGRÁFICA:

As fortes contrastes do releve definen os rasgos xeográficos do termo ou inciden na organización do hábitat. Altitudes que oscilan entre os 300 metros ( Val do Sil) e os 1446 metros ( Pico Cónegas de Abedul), adéntranos nun territorio de pronunciados desniveis, resultando do xogo de bloques e da acción fluvial. Trátase dunha fosa tectónica percorrida polo Sil e polos seus afluentes e limitada ó Norte pola Serra dos Cabalos (1236 metros) e a Aciñeira de Lastra ( 1600 metros) e ó Sur pola Serra do Eixe ( 1200 metros).

Estes parapetos de penedos e o Encoro de Santiago no Sil, influen nos rasgos climáticos, favorecendo a formación de microclimas húmidos con rasgos continentais e unha forte impronta mediterránea apreciable na temperatura, nas precipitacións totais e na cuberta vexetal que combina especies frondosas como o castiñeiro e o sobreira con bosques repoboados de pino negral.

  

RESEÑA HISTÓRICA:

Vilamartín comparte o seu devir histórico coa Comarca, incrementando o seu legado patrimonial con interesantes aportacións.

Diferentes culturas deixaron testemuñas do seu asentamento no concello ( petroglifos da Idade do Bronce, castros). A chegada dos romanos trouxo consigo a explotación mineira e dos auríferos do Sil, unidos por unha importante vía, a Vía XVIII ou Vía Nova de Braga a Astorga. Pero de maior trascendencia foi a fundación do mosteiro dos Padres Trinitarios Descalzos en Correxais. Constan en documentos de 922, as posesións que o Mosteiro de Samos tivo en Cernego, Leira e Arcos.

 

Da numerosa nobreza asentada asentada no concello, quedan magníficos pazos.

O decreto de 1811 que aboliu os señoríos xurisdiccionais, introduxo na comarca novos aires liberais.

 

 
 
 
 
 
 
Pazo de Outeiro

 

Pazo de Arnado

 

HISTORIA E ARTE:

As noticias que de Vilamartín temos ó longo do tempo, aínda que con constancia do paso dos Suevos, os Visigodos e pequena incidencia do románico, non se fan presentes á hora de que os Trinitarios Descalzos, que fan construír na parroquia de Correxais- zona privilexiada pola súa fermosura paisaxística- un mosteiro que terá gran trascendencia como centro cultural no que se impartían ensinanzas tales como Filosofía, Moral e Gramática.

Máis tarde a nobreza asentada no concello, déixanos como herdanza arquitectónica, a fermosura dos seus pazos: en Portela, os de Camba e Valcarce, o de Arcos, o da Serra de Quiroga en San Miguel e do de Arnado construído en forma de Castelo polo Conde Torre Penela no século XIX; monumentos que foron feitos polo pobo de Vilamartín.

 

 

CULTURA E MONUMENTOS:

As augas do Sil, o seu paso por Vilamartín, lembran vellas lendas aínda vivas na lembranza, que fan referencia ó ouro ( Valdegodos, Val de Ouro, cada pena seu tesouro),ou a valentes cabaleiros como Roldán que acudiu a Valencia do Sil para salvar as tres princesas cautivas dun mouro e convertidas en tres pedras brancas, que aínda esperan o desencantamento.

Os petroglifos e mámoas de Vilamarín, Valencia, Arnado, A Madalena; os restos romanos de aras, miliarios e explotacións auríferas ( Córgomo e Valdegodos), ventás perrománicas..., remóntannos ós primeiros asentamentos. Recoletas e curiosas igrexas dispérsanse polas parroquias. A de San Julián de Portela, santo ó que cariñosamente coñécese como " o santo da androlla", é unha orixinal construcción románica con torre troncopiramidal e pinturas no seu interior; a de Córgomo é representativo do ámbito rural e conserva un calvario, baixo un arcosolio, de 1570.

 

   Vilamartín de Valdeorras

  O conxunto conventual de Correxais resulta de gran interese, que aumentaría coa súa rehabilitación. A Igrexa de San Pedro conserva integramente o retablo maior con un completo programa pictórico. É esta unha das obras máis importantes do arte valdeorrés.

En Vilamartín o concello valdeorrés con maior número de pazos e casas blasonadas, edificadas no material constructivo da zona: pizarra e conglomerado- pedra roxa- que destaca moi vistos sobre a mampostería. Os Pazos de Arcos, de A Portela, de Outeiro, ostentan varios escudos de armas e airosas galerías nas súas fachadas, constituíndo interesantes exemplos de arquitectura civil. O pazo de Arnado, o Castelo de Torre Penela ( século XIX), está sito nos terreos dun antigo priorato da Orde de Santiago. Como Vixías, elévanse as súas dúas torres almenadas con calado central en forma de cruz. Nunca chegou a rematarse.

Entorno ó Sil habilitouse un paseo e un área recreativa e deportiva municipal con 7 hectáreas de extensión. Caza e pesca son deportes que poden practicarse nos seus cotos. Vilamarín alberga tamén atractivos currunchos paisaxísticos que nos brindan o lecer da natureza, da montaña e do val, da fermosura colorista e alegre que se ve en cada mirada, e do tipismo dos seus pobos que se mimetizan coa paisaxe e conservan o gusto do tradicional. Son máis de 400 as " covas " ou adegas destinadas á conservación dos seus viños. Estes bos caldos e a rica gastronomía axudan a repor forzas no marco inagotable de achados.

 

FESTAS:

As festas dos patróns e a feira do día 24 de cada mes sinalan as festividades locais. Cada parroquia celebra o seu patrón, e entre todas elas destacaremos as municipais de San Jorge ( 23 de Abril) e a Festa da Familia en honra a Santa María Magdalena ( 22 de Xullo), con comida campestre e actividades variadas, e os magostos en Baxeles, o día de San Martiño ( 11 de Novembro). Citaremos tamén as patronais de Córgomo ( Santa Marta 29 de Xullo), Arcos ( San Lourenzo 10 de Agosto) e San Vicente de Leira ( San Vicente 27 de Setembro). Finalmente mencionar a Festa da Vendima no mes de Novembro.

 

TELÉFONOS DE INTERESE

CASA DO CONCELLO 988 300001