Ponte dos
Mouros
|
SITUACIÓN Poderíase definir este concello, cunha palabra: Auga, xa que este elemento acompáñanos en todo o percorrido. Situado ó sur de Galicia e ó sueste da provincia de Ourense, de cuia capital dista 125 kilómetros. A vía de comunicación máis importante é a C-536. Pertence á comarca de " O Bolo " e a súa extensión alcanza 200 kilómetros cadrados. E un dos concellos de maior extensión da provincia de Ourense. está formado polas seguintes parroquias: Castiñeira, Conso, Chaguazoso, San Mamede, Mormentelos, Pradoalvar, Sabuguido, San Cristovo, Veigas de Camba e Vilariño.
| |
|
DESCRIPCIÓN XEOGRÁFICA Sito na parte oriental das Serras de Manzaneda e Queixa e os Montes do Invernadeiro. A altitude media sitúase en torno ós 900 metros. Destacan por un lado as terras altas, por enriba dos 1000 metros, con características de serra e os vales con altura de ata 600 metros; este releve define dúas zonas climáticas, nas zonas altas invernos duros e estacións intermedias curtas e frescas, nos vales temperaturas máis agradables con invernos máis curtos e suaves. Os meses máis chuviosos son decembro, xaneiro e febreiro, con aparición de neve nas zonas altas. Este clima condiciona a vexetación; carballos, arces e castiñeiros, acivros, servales e ameneiros. RESEÑA HISTÓRICA O topónimo Vilariño de Conso significa:"pobo mínimo de río sito entre penedos". Os restos arqueolóxicos reflexan unha civilización antiga con indicios da existencia de dolmens, castros e restos romanos. Na época máis recente podemos situa-lo Pazo de Conso que pertenceu ó Conde de Lemos o que parece confirma-la relación da comarca coas terras de Lemos.
| ||
|
|
|
|
|
Vista Panorámica
|
ANÁLISE SOCIOECONÓMICO O territorio permanece despoboado concentrándose a poboación nas ribeiras de Conso. A maior parte da poboación adícanse a gandería, sobre todo ovellas e cabras, e agricultura de autoconsumo. A superficie de monte comunal alcanza as 11.000 hectáreas, o resto dedicase a prados e labradío. Como especies arboladas podemos destaca-lo carballo e o castiñeiro, do que se comercializan uns 500.000 kilos ó ano. CULTURA, MONUMENTOS E TURISMO Consérvanse restos abundantes que fan referencia a culturas pasadas; Castelo de Cerveira (antigo campamento militar romano), Pontón Romano en Pradoalvar, Castros en Pradoalvar, Sabugido e Entrecinsa, pazos en Conso, Casa Grande de Mormentelos e Pazo en Entrecinsa. En arquitectura relixiosa está a Igrexa de Santa María en Sabugido. O concello ofrece unha gran variedade de alternativas de aire libre, sendo especialmente destacable o espacio natural dos Montes do Invernadeiro, como un ecosistema de indudable valor e fermosura. Rutas ecolóxicas de Cenza, Edrada e Castelo. Coto de caza extensiva permanente, con repoboación constante de coellos, perdiz roxa, faisán e codorniz. Non debemos esquecer os seus catro encoros, As Portas (considerado o cuarto de Europa pola limpeza do seu cauce), Edrada, Cenza e O Bao, todos susceptibles de ser empregados para deportes náuticos. | |
|
|
| |
|
Cascada |
FESTAS A festa por excelencia é a do Cabrito que se celebra o Domingo de Entroido. Despois de dar boa conta de 1.200 kilos de cabrito, chourizo e pan, nunha comida popular, desfilan polas rúas de Vilariño como acto máis importante do Entroido. Festas do verán, 2ª semana de xulio.
| |
|
TELÉFONOS DE INTERESE CASA DO CONCELLO 988 340302
| ||