Porta do Mosteiro de Bon Xesus
de Trandeiras

SITUACIÓN

Xinzo e un concello ourensán que se atopa no fondo dunha ampla depresión tectónica, de fondo plano, percorrida de este a oeste, polo río Limia. Aquí atópase a lagoa de Antela, a que foi un dos maiores lagos da auga doce da Península, ata a súa desecación definitiva no 1938, para o aproveitamento agrícola e por motivos de saúde para a poboación da zoa.

DESCRICIÓN XEOGRÁFICA

A Limia e unha depresión de finais do Terciario e durante moito tempo foi unha lagoa que se foi enchendo durante o Cuaternario. Ten unha altitude media de 600m e presenta unha topografía llana e pouco accidentada, resaltando pequenos releves que separan os cauces dos ríos. No norte elévanse os montes da Pena e Alto da Medorra con 800m pero as máximas altitudes alcánzanse no sur, onde as estribacións setentrionais da Serra de Aguinocha (920m) e a Serra de Cualedro (1024m) pechan a depresión.

A rede hidrográfica, antes marcada pola lagoa de Antela, despois da súa desecación, pasou a organizarse en torno o río Limia, que atravesa todo o concello con pouco pendente e dificultades de drenaxe, polo que no inverno e frecuente zoas encharcadas. Pola súa marxe esquerda únense varios afluentes que teñen o seu nacemento nos rebordes meridionais: Faramontaos, Nocelo, Rego dos Arnos e Rego da Robeira.

Pola súa situación xeográfica a altitude, o clima de Xinzo presenta características oceánicas e mediterráneas, con tendencia a continentalización, que se manifesta nunha amplitude térmica, froito das baixas temperaturas invernais.

  

HISTORIA

Segundo a tradición popular, a antiga Antioquia estaba para uns no val de Xinzo e para outros no fondo da lagoa de Antela, onde se atoparon pilotes carbonizados dunha construcción palafítica e puntas de frecha do Eneolítico.

Existe unha lenda que conta que a antiga cidade de Antioquia foi castigada coa inundación quedando sepultada baixo as augas pola idolatría do seu culto o galo. Estas lendas perpetúan a memoria de antigas poboacións lacustres, que teñen a súa testemuña na lagoa e nos desaparecidos "cortellos".

Perante a dominación romana estas terras estiveron poboadas polos límicos e no norte do concello consérvanse vestixios da vía XVIII, que unía Braga e Astorga, e os restos dun canal de 26 Km para drenar a lagoa. Estrabón relata que Décimo Xuño Bruto rematou ca lenda do río Lethes (outro nome do Límia), segundo a cal o que o cruzara esqueceríase da súa patria e da súa vida anterior.

Pola situación fronteiriza, estas terras foron invadidas en varias ocasións polo rei Alfonso Henríquez e recobradas por Fernando II pasando a constituír un condado. Tamén sufriu os avatares da revolta irmandiña, así como as disputas da separación definitiva de Portugal no século XVII e mais tarde na Guerra da Independencia.

As actuais parroquias formaban parte, na súa maioría, da xurisdicción de Xinzo de Límia, na que establecía o seu señorío o conde de Monterrei, outras dependían das xurisdiccións da Torre de Portela, que pertencía o conde de Lemos, da de Porqueira, Novás, Mosteiro e Xunqueira de Ambía.

Coa formalización dos primeiros concellos xurdiron Xinzo e Moreiras, logo no 1822 desaparece este último pero figuran outros novos (Fiestras, Ganade, Guntín, Guntimil e Pena), ata que no 1927 queda definitivamente constituído o de Xinzo de Limia cos seus límites actuais.

E curioso sinalar que a comezo do século XIX a marquesa de Longueville fixo algunhas obras de desecación da lagoa, coa finalidade de exportar ancas de ra a Francia.

 

 
Rio Limia o paso por Xinzo
 
 
 
 
 
 
 
Canles da Lagoa de Antela

 

Mosteiro de Tandeiras

 

ANÁLISE SOCIOECONÓMICO

A situación socioeconómica do concello pasa pola situación entre a capitalidade municipal, fronte o resto do concello. A distribución da poboación ocupada reflicte a crecente importancia do sector terciario e o trasvase da man de obra excedentaria do campo. Este descenso da poboación agraria, coincide coa notable mellora das estructuras productivas, gracias a concentración parcelaria e a mecanización da agricultura.

O cultivo fundamental e a pataca. E o mais representativo da zoa, estando a comarca especializada nun producto de denominación de orixe. Destaca a actividade de gandeira, tanto en explotacións de tipo familiar como nas modernas granxas da gando porcino, ovino e avícola.

A mellora económica, o retorno dos emigrantes e o crecemento da vila provocou a reactivación do sector da construcción arredor o que se desenvolveron varias industrias.

O sector industrial está centrado na rama alimentaria, maquinaria agrícola e a relacionada coa extracción de áridos e fabricación de materiais de construcción.

Sen dúbida o sector de maior crecemento económico movido pola recente creación do parque empresarial as aforas da vila de Xinzo de Limia, onde xa se instalaron varias empresas.

 

 

CULTURA, MONUMENTOS E TURISMO

Ten Xinzo interesantes construccións históricas. A igrexa da capitalidade conserva do seu estilo orixinario a estructura, a torre, e a fachada cunha porta de arco liso, rodeado de tres arquivoltas, o resto é neoclásico. Son románicos os templos da Novás e Morgade. Novás é unha parroquia situada no extremo sueste do concello e Morgade, na estrada que vai a Vilar de Barrio e Maceda, conserva dous interesantes portas románicas.

As beiras da lagoa de Antela, tamén en dirección Maceda, atópase a Torre de A Pena, de porta alta e coroada por elegantes ménsulas, dende a que se ve unha extensa vista sobre o Limia.

Más o norte en Trandeiras, está o edificio do convento franciscano do Bon Xesús , de finais da Idade Media, coa súa igrexa do século XVI. O convento foi fundado por Alonso Piña a principios do século XIX, fíxose famoso polo recibimento que ofreceu os sacerdotes franceses emigrados durante a Revolta.

Despois da desamortización de Mendizábal víctima do illamento e depredación como moitos outros.

Na dirección contraria, no sudoeste do termo atópase outro exemplo de arquitectura románica, trátase do cenobio benedictino do Mosteiro de Ribeira, que pasou a ser priorato de Celanova, onde o Pai Sarmiento atopou lápidas romanas dedicadas a individuos da Tribu Quirina.

Amais da existencia no concello de algúns cruceiros e petos de ánimas, abonda o románico en varias igrexas: San Pedro de Boado, Santa María de Laroá, San Pedro de Laroá, Santo Tomé de Morgade, San Pedro de Pena, San Xoán de Oleiros e Santa Mariña de Xinzo. Temos que facer referencia tamén a Ruta Xacobea que percorre o concello. Referímonos a que vindo de Zamora, procede da chamada "Vía da Prata". Bifurcándose na Gudiña, para continuar nunha das alternativas recoñecidas por Verín, As Estivadas, Xinzo, Sandiás, Allariz, Xunqueira de Ambía, San Cibrao das Viñas e Ourense.

O patrimonio natural e paisaxístico, a lagoa de Antela, a pesar da súa desecación constitúe un reducto de grande valor ecolóxico. Como intervención modificadora da Lagoa, pequenas zoas, "veigas", superficies de cultivo moi llanas, adquiriron un considerable valor biolóxico como refuxio da fauna expulsada das áreas desecadas.

As terras maís altas do concello posibilitan o disfrute dunha impresionante panorámica que abrangue toda a llanura da Limia.

 
 
 
Entroidos
 
  

 

  Entroidos

 

FESTAS

A Santa Mariña e a festa patronal mais importante, celebrase a mediados do mes de xulio.

Sen dúbida Xinzo e coñecido en toda España polo seu Entroido. E a festa mais arraigada e celebrada sobor de todo na capitalidade municipal. Ista festa do ENTROIDO está declarada de interese Turístico Nacional.

A base do Entroido e unha combinación de elementos primitivos e urbans, representados nos dous barrios, o vello e o novo. E o ciclo do entroido mais longo dos que se festexan en España, comezando as festas tres domingos antes do entroido no "Domingo Fareleiro", cómica batalla na que todo o pobo se embadurna de fariña. "Domingo Oleiro", tradición que consiste en facer corros de persoas que lanzan o aire, olas de barro cheas de auga ata que alguén lle cae o chan co consabido remoxón. Despois celébrase o "Domingo Corredoiro", xornada popular onde as comparsas comezan a invadir as rúa da vila, verdadeira antesala do Entroido.

O símbolo por antonomasia do Entroido de Xinzo de Limia e "A Pantalla", un persoaxe ataviado con calzón branco longo, camisa de felpa branca, zapatos negros, polainas negras con faxín vermello, capa de seda negra e vermella con cintas de cores e unha ou dúas vexigas de vaca ben secas e infladas nas maos. Na cabeza a "pantalla" que da nome o conxunto e que se confecciona artesanalmente con cartóns mostrando a cara de un demo con barba.

Tamén son importantes as feiras que teñen lugar os días 14 e 27 de cada mes, a algunha monográfica como Expolimia na que se promocionan tódolos productos típicos da Limia Alta.

 

TELÉFONOS DE INTERESE

CASA DO CONCELLO 988 550111